sitemap
Palabra Virtual

Blanca Orozco de Mateos

sguenos en twitter
Comparte el poema con tus amigos

Copia y pega este enlace en un mensaje instantneo o de correo electrnico

Comparte el poema en tu blog o pgina personal

Copia y pega este enlace en tu blog o pgina personal







Castellanos de Castilla (gallego)
de Rosala de Castro

palabra virtual


Romanticismo

    
    Editora del fonograma:
    Alhambra Longman

por Nuria Espert    
  


Castellanos de Castilla (gallego)


Castellanos de Castilla,
tratade ben s gallegos;
cando van, van como rosas;
cando vn, vn como negros.

Cando foi, iba sorrindo;
can do veu, via morrendo
a lucia dos meus ollos,
O amantio do meu peito.

Aquel mis que neve branco,
aquel de dosuras cheio,
aquel por quen eu viva
e sin quen vivir non quero.

Foi a Castilla por pan,
e saramagos lle deron;
dronlle fel por bebida,
penias por alimento.

Dronlle, en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo ...
Castellanos, castellanos,
tendes corazn de ferro!

Ai!, no meu corazoncio
xa non pode haber contento,
que est de dolor ferido,
que est de loito cuberto.

Morru aquel que eu quera,
e para min nhai consuelo:
slo hai para min, Castilla,
a mala lei que che teo.

Premita Dios, castellanos,
castellanos que aborreso,
que antes os gallegos morran
que ir a pedirvos sustento.

Pois tan mal corazn tendes,
secos fillos do deserto,
que si amargo pan vos ganan,
ddesllo envolto en veneno.

Al van, malpocadios,
todos de esperanzas cheios,
e volven, ai!, sin ventura,
con un caudal de despresos.

Van probes e toman probes,
van sans e toman enfermos,
que anque eles son como rosas,
tratdelos como negros.

Castellanos de Castilla,
tendes corazn de aceiro,
alma como as penas dura,
e sin entraas o peito!

En trs de palla sentados,
sin fundamentos, soberbos,
penss que os nosos fillios
para servirvos naceron.

E nunca tan torpe idea,
tan criminal pensamento
coupo en mis fatuas cabezas
ni en mis fatuos sentimentos.

Que Castilla e castellanos,
todos nun montn a eito,
non valen o que unha herbia
destes nosos campos frescos.

Slo pesoosas charcas
detidas no ardente suelo,
tes, Castilla, que humedezan
esos teus labios sedentos.

Que o mar deixute olvidada
e lonxe de ti correron
as brandas auguas que traen
de prantas cen semilleiros.

Nin arbres que che den sombra,
nin sombra que preste alento...
Llanura e sempre llanura,
deserto e sempre deserto...

Esto che tocu, coitada,
por herencia no universo;
miserable fanfarrona ...!,
triste herensia foi por certo.

En verdad non hai, Castilla,
nada como ti tan feio,
que anda mellor que Castilla
valera decir inferno.

Por qu al foches, meu ben?
Nunca tal houberas feto!
Trocar campios frolidos
por tristes campos sin rego!

Trocar tan craras fontias,
ros tan murmuradeiros
por seco polvo que nunca
mollan as bgoas do ceo!

Mais, ai!, de onde a min te foches
sin dor do meu sentimento,
i al a vida che quitaron,
al a mortia che deron.

Morreches, meu quiridio,
e para min nhai consuelo,
que onde antes te va, agora
xa slo unha tomba vexo.

Triste como a mesma noite,
farto de dolor o peito,
pdolle a Dios que me mate,
porque xa vrvtr non quero.

Mais en tanto non me mata,
castellanos que aborreso,
hei, para vergonza vosa,
heivos de cantar xemendo:

Castellanos de Castilla,
tratade ben s gallegos;
cando van, van como rosas;
cando vn, vn como negros!



De: Cantares gallegos



ROSALA DE CASTRO


Copyright Derechos reservados del titular.

Los poemas, poemas con voz, videos y libros en pdf presentados en este portal son propiedad de sus autores o herederos o titulares de los mismos.



regresar a la pgina anterior 





























Los poemas, poemas con voz, videos y libros en pdf presentados en este portal son propiedad de sus autores o herederos o titulares de los mismos.

El Portal de la Palabra Virtual no persigue ningn fin de lucro y cuyo objetivo es exclusivamente de carcter cultural y educativo a travs de la difusin de la poesa iberoamericana.



Copyright 2017-2020 Palabra Virtual Inc. Todos los derechos reservados.
Copyright 2017-2020 Virtual Word Inc. Worldwide Copyrights.

203 visitantes activos
en este momento


           visitas nicas